martes, 2 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS


Hoxe aprenderemos un pouco como foi a historia de España dende o reinado DE FERNANDO VII AO SEXENIO DEMOCRÁTICO.
A historia de España nesta época é un pouco turbulenta, xa que Isabel II acaba no poder o cal se ve truncado coa Revolución de 1868, chegando un rei estranxeiro ao poder e comezando a PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA.

Veredes con calma o seguinte vídeo para contestar as preguntas que se mostran a continuación no voso caderno. Se tedes que ver o vídeo máis dunha vez ata entender, xa sabedes que podedes as veces que queirades. O vídeo gustaravos moito porque é moi visual e ademáis ten algún meme polo medio para axudarvos a recordar. XA ME CONTAREDES.!!

VÍDEO


PREGUNTAS A CONTESTAR NO CADERNO:

  • Poñer data en vermello, esquina superior dereita.
  • Escribir as preguntas con bolígrafo azul.
  • Contestar as preguntas a lápis.
  1. A que rei se está referindo cando di que non ten moi boa fama?
  2. Por que lle chaman a Fernando VII "El Deseado"?
  3. Que fixo Fernando VII cando volve a ser Rei? En contra de quen estaba?
  4. Onde se produce o pronunciamento de Rafael de Riego do 1 de xaneiro de 1820?
  5. Cando gobernaron os liberais, durante cantos anos e como se lle chamou a ese goberno?
  6. Que era a Santa Alianza?
  7. Que pasou na Década Ominosa?
  8. A quen nomeou sucesora Fernando VII?
  9. Como se chamaron as guerras que enfrontaban aos partidarios liberais contra os absolutistas?
  10. A que lle chaman regencia? De quen foi a regencia?
  11. En que ano é proclamada raíña Isabel II e cantos anos tiña?
  12. En quen se apoia Isabel II para gobernar e formar o primeiro goberno?
  13. Quen foi Juan Prim?
  14. A quen buscou Juan Prim como rei de  España? De onde era?
  15. Por que embalsamaron o cadáver de Prim?
  16. Que proclama en España ao marchar Amadeo de Saboya e quedar un vacío de poder?
  17. Durou moito? Por que?
  18. Con quen voltou a monarquía a España e por que?


No hay comentarios:

Publicar un comentario