Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS SOCIAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS SOCIAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe en Ciencias Sociais, veremos dous vídeos explicativos do que foi a Guerra Civil Española e o Franquismo. Seguro que vos gustan!!! Logo teredes que respostar as seguintes preguntas.



RESPOSTA AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Cando tivo lugar o comezo da guerra?
  • O xeneral San Jurjo ía liderar o bando sublevado, por que non puido ser?
  • Que instaura Franco?
  • Cantos bandos había na guerra? Cales eran?
  • A que bando apoiaba Alemañan?
  • Que cidade bombardeou a Legión "Condor" de Alemañan?
  • Que poeta da Xeración do 27 foi asasinado polo bando sublevado?
  • Onde e cando morreu Primo de Rivera?
  • Cal foi a batalla mais longa e cruel da Guerra Civil? En que ano?
  • Cantas baixas houbo en cada bando? Quen gañou?
  • Cando remata a guerra civil e comeza a dictadura? Cantos anos durou a dictadura?



RESPOSTA AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que era a autarquía?
  • Para que se empregaban as cartillas de racionamento?
  • Quen se formaría baixo a tutela de Franco en España?
  • Que salva a España no ano 1959?
  • Cal foi a 1º vitima de ETA?
  • Que sucedeu no ano 1969?
  • Quen matou a Carrero Blanco?
  • En que ano morre Franco?

martes, 2 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS


Hoxe aprenderemos un pouco como foi a historia de España dende o reinado DE FERNANDO VII AO SEXENIO DEMOCRÁTICO.
A historia de España nesta época é un pouco turbulenta, xa que Isabel II acaba no poder o cal se ve truncado coa Revolución de 1868, chegando un rei estranxeiro ao poder e comezando a PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA.

Veredes con calma o seguinte vídeo para contestar as preguntas que se mostran a continuación no voso caderno. Se tedes que ver o vídeo máis dunha vez ata entender, xa sabedes que podedes as veces que queirades. O vídeo gustaravos moito porque é moi visual e ademáis ten algún meme polo medio para axudarvos a recordar. XA ME CONTAREDES.!!

VÍDEO


PREGUNTAS A CONTESTAR NO CADERNO:

  • Poñer data en vermello, esquina superior dereita.
  • Escribir as preguntas con bolígrafo azul.
  • Contestar as preguntas a lápis.
  1. A que rei se está referindo cando di que non ten moi boa fama?
  2. Por que lle chaman a Fernando VII "El Deseado"?
  3. Que fixo Fernando VII cando volve a ser Rei? En contra de quen estaba?
  4. Onde se produce o pronunciamento de Rafael de Riego do 1 de xaneiro de 1820?
  5. Cando gobernaron os liberais, durante cantos anos e como se lle chamou a ese goberno?
  6. Que era a Santa Alianza?
  7. Que pasou na Década Ominosa?
  8. A quen nomeou sucesora Fernando VII?
  9. Como se chamaron as guerras que enfrontaban aos partidarios liberais contra os absolutistas?
  10. A que lle chaman regencia? De quen foi a regencia?
  11. En que ano é proclamada raíña Isabel II e cantos anos tiña?
  12. En quen se apoia Isabel II para gobernar e formar o primeiro goberno?
  13. Quen foi Juan Prim?
  14. A quen buscou Juan Prim como rei de  España? De onde era?
  15. Por que embalsamaron o cadáver de Prim?
  16. Que proclama en España ao marchar Amadeo de Saboya e quedar un vacío de poder?
  17. Durou moito? Por que?
  18. Con quen voltou a monarquía a España e por que?


martes, 26 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Como ven sabedes, a semana pasada vimos un pequeno resumo do que foi a Guerra da Independencia no noso país a cal xerou unha das primeiras Constitucións Españolas, a famosa "La Pepa".

Hoxe déixovos unha presentación interactiva das diferentes Constitucións que houbo no noso país, ata chegar a que temos na actualidade.
Unha vez vista a presentación, respostaredes no caderno, ás preguntas ubicadas máis abaixo.
Recordade que copiamos enunciado en azul e resposta a lápis.



PREGUNTAS A RESPOSTAR NO CADERNO: 
  1. Explica coas túas palabras o que é unha Constitución. 
  2. Cantas constitucións houbo no noso país?
  3.  Por que foi tan importante para nós a I Constitución?
  4. Quen reinaba no ano 1837? Cantos anos durou a Constitución?
  5. Por que a Constitución de 1845 non supuxo un gran avance para os cidadáns?
  6. Quen reinaba coa Constitución de 1869? Di algúns dos principios que supuxo esa Constitución.  
  7. Dende canto ata cando estivo vixente a Constitución de 1931? Cal era unha das cousas as cales se renunciaba?
  8. Explica porque a nosa Constitución é tan importante para os cidadáns. Nomea algúns dos seus principios e valores máis importantes. 

martes, 19 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe en Ciencias Sociais, coñeceremos un pouco o que foi a Guerra da Independencia de España, un dos feitos importante que tivo lugar na historia do noso país, xa que dou lugar a unha das nosas primeiras Constitucións!
Tendes un par de vídeos para ver, explicación escrita do que foi e preguntas para respostar. 
Ante dúbidas, anotádeas para preguntarmas e consultarmas por correo.


martes, 12 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe en Sociais, imos comezar coa Historia. Veremos unha presentación na que aparecen as distintas etapas de historia xeral e da historia de España. A presentación está a metade porque continuaremos coa mesma ao longo destas semanas.
Despois contestaredes a varias preguntas que vos fago relacionadas co tema. 
Xa a vindeira semana nos meteremos máis en profundidade nel.



ACTIVIDADES A REALIZAR


martes, 5 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

En Ciencias Sociais, hoxe faremos un repaso polos SECTORES ECONÓMICOS. Intentade facelas actividades sen mirar, para saber de canto vos acordades. Se tendes algunha dúbida, podedes consultalo libro. 


martes, 28 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe analizaremos unha pirámide de poboación e un gráfico actual sobre o COVID  - 19.
Temos que aprender a interpretar as pirámides de poboación, analizando os datos que podemos observar nas mesmas, e valorar circunstancias de a que poden ser debidas. 

PIRÁMIDE DE POBOACIÓN


GRÁFICA CASOS COVID - 19 ESPAÑA 


martes, 21 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe empregaremos o libro e o caderno para facer as tarefas de Ciencias Sociais. 
O primeiro que temos que facer é abrir o libro polo TEMA 4 - PÁX 76.
Teremos que lela páxina entendendo o que se expón. É prácticamente a mesma información que tivemos que buscar para facer o pequeno traballo que vos pedín sobre o TRATADO DE ROMA e A CREACIÓN DA UNIÓN EUROPEA. 
Unha vez teñades lido e entendido o que explican, faredes un pequeno esquema no caderno con dita información. O ideal é que do esquema ou MM saian cada unha das datas que se mostran. En cada data poredes o feito que ocurriu na mesma. Así á hora de facer as tarefas teredes todo máis claro.  

CADERNO:
  • Recordade poñer a data en vermello (zona superior dereita).
  • Copiar os enunciados en bolígrafo azul.
  • Respostas a lápiz. 
  • Poñer páxina e número de actividade (vermello) na marxe esquerda. 
ACTIVIDADES DA PÁX. 76: 1-2 e 3
Estas actividades mandarédesmas ao meu correo (profebelencole@gmail.com)



Unha vez rematadas podedes acceder aos seguintes xogos interactivos sobre o tema que estamos tratando: A UNIÓN EUROPEA

  1. QUE É A UNIÓN EUROPEA  
  2. PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA 
  3. ORDEN CRONOLÓXICA FEITOS UNIÓN EUROPEA



miércoles, 1 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

  
Como repaso a información que traballamos na aula sobre as Pirámides de Poboación teremos que completar a seguinte ficha cos distintos tipos de pirámides que se mostran.  


viernes, 27 de marzo de 2020

TAREFAS VENRES 27


Bos días!! Xa é venres e a nosa segunda semaniña na casa!! Sei que está a ser difícil pero sabedes que? ESTÁDELO FACENDO XENIAL!!! Así que, a agardar un pouquiño máis que en breve nos vemos!!!

Como tarefas de hoxe temos as seguintes: 
  • Ler apuntes do libro páxina 74 da Unión Europea
  • Facer actividades: 1-2-3 e 4 
  • As actividades faranse no caderno de Ciencias Sociais. Recordade poñer a data en vermello na marxe superior dereita e copiar os enunciados de cor azul. 

INVESTIGACIÓN

  • Actividade 4 da páxina 83

    • Investiga sobre o Tratado de Roma e a creación da Unión Europea e descubre cales foron os países fundadores que asinaron ese Tratado. 

      • Unha vez que teñas recabada a información, crea un documento de texto (word, libreoficce, documento de texto de google) co nome "TRATADO DE ROMA - VOSO NOME", e indica de forma ordenada a información que se che pide a continuación: 

                  - Que é o Tratado de Roma? (Fai unha explicación na que entendas o que é, non copies información sen entendela).

                  - Creación da Unión Europea

        * Día e Ano

        * Lugar

        *Fundadores

        *Capital

        * Que é a Unión Europea? 

        • Cando o teñas rematado enviámo ao meu correo electrónico: mariabelen.garcia@edu.xunta.es

          RECORDA!!! A INFORMACIÓN QUE BUSQUEMOS EN INTERNET, DEBEMOS DE VERIFICALA EN VARIAS PÁXINAS, PORQUE MOITAS VECES NON É FIABLE, POLO QUE TEMOS QUE CONTRASTALA. 

           

          Para buscar a información, tendes aquí dous vídeos que vos serán de moita axuda:  



           

           

miércoles, 25 de marzo de 2020

TAREFAS


Hoxe faremos unha tarefa de INVESTIGACIÓN do tema que estamos traballando: "ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA". Como o noso libro é algo antigo, buscaremos información dalgunhas cuestións que exporei a continuación, a ver se houbo algún cambio dende entonces ou non. 
Podemos investigar en INTERNET ou nalgunha enciclopedia actual que teñamos pola casa. 
As cuestións son as seguintes: 



  • Por cantos países está composta a Unión Europea? Cales son?
  • Cales son os obxectivos da Unión Europea?
  • Que países da Unión Europea teñen o Euro como moeda?
Comprobade se a información que atopáchedes coincide ou non coa que temos no libro e en que se diferencia. As preguntas e respostas faranse no caderno de Ciencias Sociais.
Deixade algún comentario debaixo da tarefa os que a teñades rematada con un OK! ou FEITO!. Á volta correxirémolas.