Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS DE ESTUDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS DE ESTUDO. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de marzo de 2020

MAPAS MENTAIS (MM)

Para entrenar o noso CEREBRO, contamos con este recurso que levamos dende o ano pasado traballando na aula, e que o principio nos custou tanto. 
Os MM deben ser os nosos gran aliados a hora de estudar, porque nos axudarán a: 


  • Ordenar e organizar información
  • Resumir
  • Concretar
  • Memorizar
        
          AS REGLAS CLAVE!!
  1. Tema central e liñas curvas
  2. Debuxos, signos e símbolos
  3. Palabras clave e NON frases longas
  4. Xerarquía de cores
  5. Ocupar todo o espazo dispoñible

------------------------------------------------------------------------------------

QUE SON OS MAPAS MENTAIS?







 TAREFA

Quero que elaboredes un MAPA MENTAL sobre o coronavirus, que nos servirá tamén para plasmar que é o que sabemos del e no caso de non saber algo, investigalo (así é como aprendemos, mostrando interese por algo).
Seguindo as REGRAS CLAVE nomeadas arriba, o noso MAPA MENTAL sobre o CORONAVIRUS debe conter como puntos os seguintes: 
  • Que é?
  • Cando apareceu e onde?
  • Quen o descubriu?
  • Por que se chama así?
  • Cantos tipos hai e cales son?
  • A quen lle afecta?
  • Transmisión (como se transmite?)
  • Prevención (como previlo?)
  • Tratamento
COMO SON MOITOS PUNTOS, PODEMOS EMPREGAR ALGUNHA CARTOLINA QUE TEÑAMOS POLA CASA OU ALGÚN FOLIO A3. 
SEGUIDE O PÉ DA LETRA AS REGRAS CLAVE E POÑEDE TODOS OS PUNTOS QUE NOMEO ARRIBA POR ORDE (SEMPRE COMEZANDO POLAS AGULLAS DO RELOXO). 
PARA FACELO MÁIS PERSOAL E VISTOSO, EMPREGADE DEBUXOS, IMAXES QUE POIDADES IMPRIMIR, CORES (ROTULADORES, BOLÍGRAFOS (EVITADE EN EXCESO OS BOLÍGRAFOS FOSFORITOS).

UNHA VEZ FEITOS ENVIADES AS IMAXES DOS MESMOS A MIÑA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICA.  
 
A VER QUE ARTISTAS SODES!!! PORQUE AGORA XA VOS SAEN XENIAL!!!





viernes, 27 de marzo de 2020

OUTRAS TÉCNICAS DE ESTUDO

OUTRAS TÉCNICAS DE ESTUDO

Seguro que cando viches o segundo vídeo da Unión Europea, chamouche a atención a forma da presentación da información, verdade? A que o entendeches perfectamente?

Pois aquí vos deixo varios exemplos, para que os poñades en práctica á hora de estudar xa que vos serán de gran axuda. O Visual Thinking, como xa vimos na aula, é moito máis sinxelo para procesar polo noso cerebro xa que, as imaxes son moitísimo máis sinxelas e rápidas de procesar cas palabras. 

c





CAL VOS GUSTOU MÁIS?  INDICÁDEME NOS COMENTARIOS CAL E POR QUE.