Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

LINGUA GALEGA



Bos días nen@s!!! Como estades? A por este martes cheos de enerxía!!! Imos que non queda nada!!!
Logo vémonos na videoconferencia.

Estas son tarefas de repaso de Lingua galega, con cousiñas que vimos durante o curso. Seguro que vos resultan sinxelas.

jueves, 4 de junio de 2020

LINGUA GALEGA



Bos días chic@s!!! Xa case remata a semana! Así ánimo! Cada vez queda menos para rematar o curso, así que aproveitade destos días que quedan para aprender do repaso e actividades que estamos a facer. 

Antes de nada quería facer un recordatorio!!

TODOS  DEBEDES DE ENVIARME O VOSO AVATAR AO MEU CORREO ELECTRÓNICO! É OBLIGATORIO!!
Se tendes algún problema, facédemo saber para solucionalo. Grazas!!

Hoxe faremos o formulario dos últimos capítulos do libro lido neste 3º trimestre. Polas reseñas que fun recibindo, vexo que vos gustou moito, e outros que non o entendéchedes de todo. O martes cando fagamos a videoconferencia falaremos un pouco do tema. 


TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

lunes, 1 de junio de 2020

LINGUA GALEGA



Bos días a tod@s!!! Comezamos unha nova semana, un novo mes, o último mes de curso escolar. Esforzádevos moito estos últimos 15 días. A partir de agora, xa non haberá tanta carga de tarefas así que  moito ánimo!!

Hoxe faremos a reseña do libro deste terceiro trimestre. Xa vos expliquei o outro día como tiñades que facer. Dade a vosa sincera opinión e revisade o que escribides para non cometer faltas de ortografía.

Ánimo porque o facedes moi ben!!

jueves, 28 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA




Bos días chic@s!! Xa é xoves!! As semanas pasan que voan! Cada vez vai quedando menos, así que, non vos desanimedes. Collede moitas forzas para o spring final!!

As actividades para Lingua Galega de hoxe, son as seguintes:

ORTOGRAFÍA


GRAMÁTICA

Repaso do Suxeito e do Predicado. Recordade como fixemos en Lengua, porque é exactamente igual. A ver se agora coas actividades nos queda claro.


martes, 26 de mayo de 2020

PÓSTERS MITOLÓXICOS


Boas a tod@s!! Aquí vos deixo as mostras dos FANTÁSTICOS PÓSTERS MITOLÓXICOS que fixéstedes para Lingua Galega.
Sodes uns ARTISTAS!!! PARABÉNS PORQUE ESTADES FACENDO UN TRABALLO ESTUPENDO!!



PÓSTER Nº1: ZAIRA

PÓSTER Nº 2: RUBÉN 

PÓSTER Nº3: RODRI PRIETO 

PÓSTER Nº4: NICO FRANCO 


PÓSTER Nº5: SAÚL ALFONSO








LINGUA GALEGA

Bos días!!! Hoxe faremos como vos comentei onte a Comprensión Escrita dos primeiros 12 capítulos do noso libro trimestral: Mamá, quero ser Ziggy Stardust.

Seguro que vos sae xenial, así lede con calma as preguntas e logo as respostas para marcar de forma correcta a axeitada. IMOS ALÓ!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSemy8a9czNw9TPkrtYA78E3EuHtcM7SUP9JMla8I26Ul-hVUw/viewform


E despois desta comprensión escrita, que seguro que vos saiu super, super ben, faremos de tarefa un póster.

Botádelle unha ollada a información e mandade as fotiños para colgalas  no blogue!


jueves, 21 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días!!! Xa estamos a xoves! A semana case está rematada, así que, tranquilidade e forza para estos dous días que quedan!! 😍

Hoxe en Lingua Galega redactaremos unha fábula! Partindo da vista onte en Lengua, hoxe tócanos a nós crear.



LITERATURA

Hoxe repasaremos o que é o teatro, en que xéneros se sudvidide e analizaremos dous textos:

martes, 19 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Boas tardes a tod@s!!! Aquí vos deixo a ligazón que se fixo dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa presentación do CONTO : "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Ricardo Carvalho Calero, e as ilustracións feitas por todo o centro, escollidas para o mesmo. 

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!! :=)


LINGUA GALEGA

Bos días a tod@s!! Moito ánimo e a comerse o día!!!
Hoxe faremos unha expresión escrita, baseada nun refrán (contido traballado a pasada semana) e repasaremos a ortografía. Imos aló!

EXPRESIÓN ESCRITA

EELG: RATOS ARRIBA, QUE TODO O BRANCO É FARIÑA (PDF)




ORTOGRAFÍA 


jueves, 14 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS

RECORDADE!! Hoxe é o último día para enviar o debuxo do conto das "Pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero".

Hoxe faremos algunha actividade máis sobre a vida de Ricardo. Espero que vos gustaran os xogos do martes!!!




GRAMÁTICA 

De gramática hoxe, tocan actividades de repaso:  as oracións activas e as oracións pasivas. 



EXPRESIÓN ESCRITA
Esta tarefa farédela tod@s, exceptuando os nenos/as que asistides ao REFÓRZA-T con Tamara que faredes a actividade que vos deixou a profe. Póñovola a continuación desta. 


martes, 12 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días!!!! Que tal descansamos hoxe? Espero que xa almorzárades e veñades cheos de enerxía para afrontar as tarefas do día e manter o noso cerebro activo!! Para iso, non vos olvidedes de HIDRATARVOS MOITO!! senón o cerebro non pensa ben. Recordade que estamos formados por células e elas deben estar ben coidadas!!


 Antes de comezar quería recordarvos que este XOVES 14 tendes que entregar, se aínda non o fixéstedes, 2 traballos:

  • Ilustración do anaco de conto das Letras Galegas "As Pitas baixo a choiva". 
  • Máquina simple (vídeo ou documento de texto). 
NON VOS OLVIDEDES!!!

Para comezar hoxe, temos unha COMPRENSIÓN ORAL. Recordade os erros que cometéstedes na anterior de Cristina Pérez, para non cometelos nesta. Respostade de forma longa e poñede maiúsculas e acentos onde corresponda. Para iso, repasade unha vez rematades de escribir.
Se precisades escoitar máis de dúas veces o audio, tamén podedes facelo ou consultar algunha pregunta en concreto. IMOS ALÓ!!

AUDIO

https://drive.google.com/file/d/1A2yxj5UWYXY3-PuO_xdQo1By125YOHSe/view

FORMULARIO 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfbIF2wmx1DomM2h0OWszGUG0AsVQeyZlx0X4vrpKdL5axGkA/viewform

LETRAS GALEGAS 

Hoxe para traballar as letras galegas temos dous xogos: 
Agardamos que vos gusten moito!!!!

EXPRESIÓN ESCRITA

Hoxe traballaremos a expresión escrita a través dos refráns. 

jueves, 7 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días nen@s!!
Hoxe en Lingua Galega imos traballar: COMPRENSIÓN ESCRITA - EXPRESIÓN ESCRITA - LETRAS GALEGAS.

COMPRENSIÓN ESCRITA
Tendes que ler o seguinte texto sobre os graffitis, nel aparecen dúas cartas de dúas persoas diferentes.
Lede o texto varias veces ata entender perfectamente o que se di neles.
Unha vez entendido, poderedes pasar o formulario e contestar as preguntas que se plantexan.

LECTURA
CELG 04 : OS GRAFFITIS (PDF) 

FORMULARIO 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAYM1G7Ye0RB78PSdIgT8D1WFqHcVf-g-TCfvOt7VE6bQHLQ/viewform

 EXPRESIÓN ESCRITA

Hoxe como actividade de expresión escrita imos traballar o CORREO ELECTRÓNICO!
Tendes unha explicación de como se escriben correos electrónicos formais e informais, así como as diferencias. 
Logo deberedes escribir un correo electrónico a persoa que vos pido na tarefa.  
Tendes a opción de facelo de forma interactiva e enviarmo directamente ao rematar ou descargalo en PDF e facelo escrito a man. DÉIXOVOS AS DÚAS OPCIÓNS!

 LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, este ano, cada un dos cursos ilustrarán un dos contos de Ricardo Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva". Logo con todos os debuxos enviados faremos un libro de todo o centro. 
A partir do anaco de conto que vos vou pór a continuación, teremos que facer un debuxo/ilustración do mesmo nun folio. Esmerádevos un pouco nos detalles para que sexan orixinais e  para que os nosos debuxos destaquen un pouco :) QUE SE DIGA QUE SOMOS OS MAIORES!!! 

O PRAZO MÁXIMO PARA ENTREGARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO SERÁ O VINDEIRO XOVES 14 DE MAIO)

O anaco de conto é o seguinte:  


Agora déixovos un vídeo e un xogo interactivo que fixo un cole de Ourense sobre Ricardo Carvalho Calero! Seguro que vos gusta!! A XOGAR!

martes, 5 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA!


Bos días a tod@s!!!! Comezamos a semana e agardo que estos 4 días de descanso vos serviran para repoñer forzas e vir coas pilas cargadas. 
RECORDADE!!! As tarefas deben de enviarse de xeito diario para que teña constancia de que as estades facendo, dacordo?

Hoxe en Lingua Galega imos a traballar tres ámbitos: 
  • COMPRENSIÓN ORAL
  • GRAMÁTICA
  • ORTOGRAFÍA
porque as tarefas que propuxen para hoxe están de forma ON-LINE e son rápidas e sinxelas, ademáis de ser de repaso. 
Por outra banda, comezaremos tamén a aprender un pouco da VIDA e OBRA do escritor homenaxeado este ano polo día das LETRAS GALEGAS 2020 : RICARDO CARBALHO CALERO.  
As tarefas tamén as deixo en PDF para aqueles que as queirades imprimir ou non teñades internet na casa. Para os demáis unha vez que as fagades xa me chegan directamente, pero recordade poñer o voso nome e apelido. 

COMEZAMOS!!! 

TAREFA 1 :

COMPRENSIÓN ORAL: COLG 01

Deberedes de escoitar o audio que se mostra a continuación unhas 2 veces. Unha vez rematado contestaredes as preguntas do formulario. Hoxe son de escribir, polo que, coidade as faltas de ortografía. Chegaravos a puntuación unha vez eu os corrixa.

AUDIO

https://drive.google.com/file/d/1AIRSybTI7JruVEVvDRZSlsLR1dGmavX_/view
 

FORMULARIO 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgtC3PaEBOLsxWYFKrpEoDk0OVJ4CpVuCEu2TNBneQl5lGXQ/viewform

TAREFA 2 :

GRAMÁTICA 

Hoxe para o repaso dos verbos regulares, irregulares e defectivos faremos un QUIZZIZ. A ver de canto vos acordades!!!
Para entrar podedes facelo de dous xeitos: 
Clicando nesta ligazón:  QUIZZIZ 
Ou entrando en: joinmyquizziz.com e introducindo o código (601933) 

 

TAREFA 3: 

ORTOGRAFÍA 

En ortografía, repasaremos a acentuación diacrítica e os ditongos, tritongos e hiatos. 
Para estas tarefas déixovos tamén a versión (ONLINE) ou a (PDF) para que escollades a que queirades á hora de facelas ou para imprimilas e telas impresas tamén para estudar aínda que as fagades ONLINE. 


 TAREFA 4:

LETRAS GALEGAS 

Déixovos un documento coa biografía de Ricardo Carbalho Calero, para que a leades e vaiades conntestando as preguntas que se vos formulan. 


jueves, 30 de abril de 2020

LINGUA



Bos días a tod@s!!! Xa está rematando a semana e xa poderemos descansar, así que, MOITO ÁNIMO!!
Hoxe temos as VIDEOCONFERENCIAS a través das cales poderemos solventar dúbidas que vos foron xurdindo ao longo destos días, dacordo? 
RECORDADE entrar no HORARIO que vos toca a cada grupo. 


Hoxe en LINGUA GALEGA, faremos unha nova COMPRENSIÓN ESCRITA. Xa sabedes que temos que reforzar este tipo de lecturas para mellorar na mesma. A do martes, fixéchedela xenial, así que, estou segura que esta tamén vos sairá fenomenal!! IMOS A POR ELA!!

CELG 03 : CONSELLOS PARA O VERÁN (PDF)




FORMULARIO 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfrSPGVHSKwfbGY6sKB_Oi5RiE32jRMaauu_oEgNEMG7-EFMQ/viewform

martes, 28 de abril de 2020

LINGUA GALEGA


BOS DÍAS!!!!
Hoxe en Lingua Galega faremos unha COMPRENSIÓN ESCRITA e veremos o que é A CRÓNICA DUN CONCERTO. 
Tendes que ler  o texto que se mostra a continuación as veces que precisedes, xa sabedes cales son os pasos:

PASOS A SEGUIR:
  • Lectura rápida para saber de que vai o texto. 
  • Lectura máis lenta entendendo o que di cada un dos parágrafos. 
  • Unha última lectura global para entendelo completamente. 
  • Se non entendemos algunha palabra, buscámola no diccionario  da RAG (barra lateral esqueda do blogue). 
Unha vez que rematemos de ler o texto, procederemos a realizar o formulario.
No caso de que por casualidade, o texto ou o formulario non vos apareceza, podedes acceder  as TAREFAS SEMANAIS (barra lateral esqueda do blogue) e coller as ligazóns alí (MARTES 28).




  • Poñer a vosa dirección de correo electrónica. 
  • Darlle a enviar para que me chegue o cuestionario. 






COMPRENSIÓN ESCRITA (CELG 02): PARECIDAS, PERO NON IGUAIS



FORMULARIO 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf1xaDGpxVNk079qCvKNyhpRI_LZwbIlqDZNbBHuqrb4a3wvA/viewform

CRÓNICA DUN CONCERTO

 Seguramente non sabedes a que me refiro coa CRÓNICA DUN CONCERTO, pero seguro que se fóstedes algunha vez a ver a algún grupo/cantante favorito voso, puideches facer unha valoración de se vos gustou moito ou non. Pois iso, xa é facer unha crónica, soamente que a soe facer un periodista na prensa, nunha web ou revista.
A continuación, tendes un documento onde se vos explica o que é,  e unhas actividades para practicar antes de facer a vosa propia crónica escrita (este vindeiro xoves). 
Das actividades, debedes de pasarme as fotos a través do correo electrónico. IMOS ALÓ!!


jueves, 23 de abril de 2020

LINGUA GALEGA

BOS DÍAS E FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@SSSS!!!

Como vedes SNOOPY está desfrutando cun dos seus libros favoritos, xa que a lectura pode despertar en todos nós, moitas emocións, sentimentos e abrir un mundo de imaxinación incríble.
NUNCA DEIXEDES DE LER!!! 

Como 1ª tarefa de Lingua Galega, hoxe, traballaremos a EXPRESIÓN ESCRITA e para facelo, partiremos dun anaquiño do libro " O SOÑO DO MERLO BRANCO" , titulado:

 "OS HABITANTES DA CASA AZUL


INSTRUCCIÓNS: 
  1. Teredes que ler o anaco de texto que se vos presenta. 
  2. Unha vez lido e entendido, teredes que redactar vós o que se vos pide nas seguintes tarefas e seguindo as pautas que se vos mostran tamén nela.
  3. Unha vez creado a  historia, enviarédesma ao meu correo. 
  4. Recordade que estades en 6º. Non fagades só dúas oracións. Esforzádevos un pouco máis e relede o que escribides. Non fagades as cousas con présa. Paga a pena botar 10 minutos máis e facelo ben, que ter que voltar a repetilo. 
  5. Aínda que vos pide como mínimo 8 liñas, se son máis, MELLOR! DEMOSTRÁDEME QUE VALEDES!!

Como 2ª TAREFA, e sendo o día do libro, gustaríame que hoxe vos convertírades en pequenos REPORTEIROS/AS. Sei que sodes estupendos niso, xa que, xa o demostráchedes cando fixéchedela ÓPERA co profe Felipe.  
A idea e que entrevistedes o autor do voso LIBRO FAVORITO. Tendes que facerlle preguntas e neste caso teredes que ser vos quen as respostedes como se fósedes él/ela. No caso de que teñades algunha dúbida do que lle preguntades, tamén podedes buscar algo de información sobre o autor/a. 
Pensade en como entrevistamos a ELOY MORENO o ano pasado, que preguntas lle fixemos, poden ser persoais ou sobre o libro. 
Tendes que seguir a seguinte plantilla:




3ª TAREFA: CONTO EN FAMILIA 

Esta é unha tarefa para facer en familia. Deberedes inventar e crear entre todos un conto, onde cada un de vós fará un anaquiño do mesmo. Podedes debuxar, pegar imaxes o que se vos ocorra. Tamén empregar folios, cartolinas,  facelo a ordenador, en vídeo...o que teñades a man.
A imaxinación é LIBRE, así que, NON VOU POÑER LÍMITES.

SÓ QUERO QUE.... ME SORPRENDADES!!!

 Entre todos os membros da familia, quedará xenial e será unha actividade COMPARTIDA, que é o que máis nos gusta. 

AS VOSAS CREACIÓNS MANDARÉDELAS AO MEU CORREO ELECTRÓNICO DURANTE A FIN DE SEMANA (ÚLTIMO DÍA O DOMINGO).

martes, 21 de abril de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días a tod@s!!
Erguéstevos con enerxía? Espero que sí!! MOITO ÁNIMO!
Hoxe faremos unha comprensión escrita de Lingua Galega cuxo título é:
"GOBERNANTA EN TERRA, ALMIRANTA NO MAR". Teredes que lelo con calma e logo cubrir o formulario que lle corresponde ao mesmo, como fixemos onte coa de Lengua, dacordo?


 

Unha vez rematado de ler o texto e seguindo as directrices que vos dou sempre de: 
- Facer unha lectura global e rápido do texto. 
- Facer unha lectura máis lenta entendendo o que dí cada un dos seus parágrafos. 
- Buscar as palabras que non entendedes no diccionario da RAG (barra lateral esquerda do blogue)
- Unha vez que entendedes a idea principal de cada un dos parágrafos, podedes xa, contestar as preguntas do formulario. No caso de que dubidedes en algunha, por favor, voltade a lectura e buscádea a mesma. 

GOOGLE FORMS 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeFbjK9BWWlAXASjDIYZNrkpIJhYi0zX-spP0j0fud3QutTVw/viewform

  • Poñer o correo electrónico no formulario. 
  • Ler as preguntas e respostas un par de veces ou as que precisemos antes de contestar. 
  • Se temos que escribir, poñede maiúscula ao principio e punto ao final. Relede o que escribides por se hai algunha falta de ortografía. 
  • Unha vez rematado darlle a enviar. 
  • Chegaranvos as respostas que puxéstedes ao voso correo xunto coas puntuación do mesmo.

miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS MÉRCORES 1 DE ABRIL

   
Bos días a tod@s!! Comezamos un novo mes e aínda que temos que pasar en principio 15 días máis nas casiñas, temos que intentar estar o máis animados e entretidos posible. Estando ben, lévase todo mellor!! ÁNIMOOO !!

 ATENCIÓN!!!

Comentarvos que na parte superior do NOSO BLOGUE, tedes activadas as pestanas coas ligazóns ás tarefas de matemáticas, música, relixión, REFORZ-T, inglés e PT (un espazo para todos), para así non ter que andar buscando as tarefas por distintas páxinas e acceder directamente ás mesmas, OK??
Na pestana de PT (UN ESPAZO PARA TODOS) tedes a vosa disposición xogos de matemáticas e das linguas, así como RETOS para facer. BOTÁDELLE UNHA OLLADA PORQUE ESTÁN XENIAL!! 

LINGUA GALEGA

Hoxe faremos unha lectura dos BALCÓNS DE MADRID  a través dun GOOGLE FORMS. Xa sabedes como funcionan. 

Neste caso tedes que clicar na imaxe e xa vos leva ao ligazón da mesma. 
Alí teredes que ler as instrucións que vos expoño e contestar con detemento as preguntas propostas.
Parádevos a ler e a reler para que as respostas vaian ben, ademáis de fixarse á hora de escribir para non cometer erros de maiúsculas, acentuación e puntuación. 
Unha vez que o teñades rematado, dádeslle a enviar e xa chega ao meu correo electrónico. Eu corrixireinos e enviareivos a puntuación a través do voso correo. 

https://forms.gle/A5FEjHKBuMX2vkpF6

martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS MARTES 31 DE MARZO


TAREFA 1

Aquí vos deixo unha actividade moi divertida, na que, ademáis de debuxar practicaredes a comprensión lectora, xa que teredes que seguir ao pé da letra todo o que vos di a mesma para levar a cabo o debuxo en cuestión. Estades dispostos a aceptar o reto??
Quero que despois todos os vosos debuxos sexan enviados ao meu correo para facer unha montaxe con cada un deles: mariabelen.garcia@edu.xunta.es.

QUE NOS DI O TEXTO? 

CLICA NA IMAXE PARA DESCARGALO


https://drive.google.com/open?id=1F8V09LztGkVTZggSPN8PNTV680cRSs2B


 OLLO!!!

Sei que todos somos diferentese en canto a dotes artísticas, pero o que máis vou valorar é que o debuxo represente a perfección o que está dicindo o texto.  

ADIANTE MEUS/MIÑAS ARTISTAS!!!