martes, 5 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA!


Bos días a tod@s!!!! Comezamos a semana e agardo que estos 4 días de descanso vos serviran para repoñer forzas e vir coas pilas cargadas. 
RECORDADE!!! As tarefas deben de enviarse de xeito diario para que teña constancia de que as estades facendo, dacordo?

Hoxe en Lingua Galega imos a traballar tres ámbitos: 
  • COMPRENSIÓN ORAL
  • GRAMÁTICA
  • ORTOGRAFÍA
porque as tarefas que propuxen para hoxe están de forma ON-LINE e son rápidas e sinxelas, ademáis de ser de repaso. 
Por outra banda, comezaremos tamén a aprender un pouco da VIDA e OBRA do escritor homenaxeado este ano polo día das LETRAS GALEGAS 2020 : RICARDO CARBALHO CALERO.  
As tarefas tamén as deixo en PDF para aqueles que as queirades imprimir ou non teñades internet na casa. Para os demáis unha vez que as fagades xa me chegan directamente, pero recordade poñer o voso nome e apelido. 

COMEZAMOS!!! 

TAREFA 1 :

COMPRENSIÓN ORAL: COLG 01

Deberedes de escoitar o audio que se mostra a continuación unhas 2 veces. Unha vez rematado contestaredes as preguntas do formulario. Hoxe son de escribir, polo que, coidade as faltas de ortografía. Chegaravos a puntuación unha vez eu os corrixa.

AUDIO

https://drive.google.com/file/d/1AIRSybTI7JruVEVvDRZSlsLR1dGmavX_/view
 

FORMULARIO 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgtC3PaEBOLsxWYFKrpEoDk0OVJ4CpVuCEu2TNBneQl5lGXQ/viewform

TAREFA 2 :

GRAMÁTICA 

Hoxe para o repaso dos verbos regulares, irregulares e defectivos faremos un QUIZZIZ. A ver de canto vos acordades!!!
Para entrar podedes facelo de dous xeitos: 
Clicando nesta ligazón:  QUIZZIZ 
Ou entrando en: joinmyquizziz.com e introducindo o código (601933) 

 

TAREFA 3: 

ORTOGRAFÍA 

En ortografía, repasaremos a acentuación diacrítica e os ditongos, tritongos e hiatos. 
Para estas tarefas déixovos tamén a versión (ONLINE) ou a (PDF) para que escollades a que queirades á hora de facelas ou para imprimilas e telas impresas tamén para estudar aínda que as fagades ONLINE. 


 TAREFA 4:

LETRAS GALEGAS 

Déixovos un documento coa biografía de Ricardo Carbalho Calero, para que a leades e vaiades conntestando as preguntas que se vos formulan. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario