jueves, 7 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días nen@s!!
Hoxe en Lingua Galega imos traballar: COMPRENSIÓN ESCRITA - EXPRESIÓN ESCRITA - LETRAS GALEGAS.

COMPRENSIÓN ESCRITA
Tendes que ler o seguinte texto sobre os graffitis, nel aparecen dúas cartas de dúas persoas diferentes.
Lede o texto varias veces ata entender perfectamente o que se di neles.
Unha vez entendido, poderedes pasar o formulario e contestar as preguntas que se plantexan.

LECTURA
CELG 04 : OS GRAFFITIS (PDF) 

FORMULARIO 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAYM1G7Ye0RB78PSdIgT8D1WFqHcVf-g-TCfvOt7VE6bQHLQ/viewform

 EXPRESIÓN ESCRITA

Hoxe como actividade de expresión escrita imos traballar o CORREO ELECTRÓNICO!
Tendes unha explicación de como se escriben correos electrónicos formais e informais, así como as diferencias. 
Logo deberedes escribir un correo electrónico a persoa que vos pido na tarefa.  
Tendes a opción de facelo de forma interactiva e enviarmo directamente ao rematar ou descargalo en PDF e facelo escrito a man. DÉIXOVOS AS DÚAS OPCIÓNS!

 LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, este ano, cada un dos cursos ilustrarán un dos contos de Ricardo Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva". Logo con todos os debuxos enviados faremos un libro de todo o centro. 
A partir do anaco de conto que vos vou pór a continuación, teremos que facer un debuxo/ilustración do mesmo nun folio. Esmerádevos un pouco nos detalles para que sexan orixinais e  para que os nosos debuxos destaquen un pouco :) QUE SE DIGA QUE SOMOS OS MAIORES!!! 

O PRAZO MÁXIMO PARA ENTREGARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO SERÁ O VINDEIRO XOVES 14 DE MAIO)

O anaco de conto é o seguinte:  


Agora déixovos un vídeo e un xogo interactivo que fixo un cole de Ourense sobre Ricardo Carvalho Calero! Seguro que vos gusta!! A XOGAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario