Hoxe comezamos unha nova semana do noso DIARIO DE CORENTENA. Durante a mesma, teredes que enviarme o documento co que escribiches no diario.
Adicade uns 10 minutos a escribir no mesmo.
Os que o estades facendo en WORD, adxutádeme o documento, e os que o podedes facer en documentos de GOOGLE, só tendes que compartilo conmigo.
Etiquetas
- BENVIDA
- BIBLIOTECA
- CIENCIAS NATURAIS
- CIENCIAS SOCIAIS
- CLASES DIVERTIDAS
- DIARIO
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN EMOCIONAL
- FAMILIA
- FIN DE CURSO
- INGLÉS
- LECTURA
- LENGUA
- LINGUA GALEGA
- MAPAS MENTAIS
- MATEMÁTICAS
- MECANOGRAFÍA
- MENSAXE PROFES
- MÚSICA
- PLANIFICACIÓN 3ºT
- PLÁSTICA
- REFÓRZATE
- RELIXIÓN
- RETOS
- SÍNDROME DE DOWN
- SOLUCIÓNS
- TÉCNICAS DE ESTUDO
- VALORES
- XOGOS EN FAMILIA
Mostrando entradas con la etiqueta DIARIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIARIO. Mostrar todas las entradas
lunes, 27 de abril de 2020
miércoles, 1 de abril de 2020
DIARIO
Adicamos 10 minutiños do noso tempo a desafogarnos co noso diario de CORENTENA.
Recorda seguir as pautas dadas o luns.
Recorda seguir as pautas dadas o luns.
lunes, 30 de marzo de 2020
DIARIO
Seguimos co noso diario de CORENTENA, un diario de aprendizaxe no que temos que pararnos e meditar varias cuestións.
É importante que sexas consciente de que é o que estás a aprender, e sobre todo, como o estás aprendendo. Esta é unha situación extraordinaria que nunca se dera, e polo tanto, nova para todos, na que o método de ensinanza tamén é diferente así como, a rutina que tiñamos a cotío.
Este diario, o noso diario, é unha das boas ferramentas que temos para sabelo.
Trátase de manter un diálogo contigo mesmo no que aprendes dos teus propios procesos mentais.
A partir dagora, en cada entrada que fagamos no noso diario dixital ou en papel, debemos de respostar cada día a algunha destas 5 cuestións que plantexo a continuación:
- Que aprendín? (Descrición breve)
- Non é necesario que percorras todo o que fixeches, senon de todo o que aprendiches ao longo destos días, te centres no máis importante, o máis útil ou o máis difícil.
- Non só aprendes ou repasas contidos curriculares senón que tamén é importante que reflexiones sobre se adquiriches maior destreza tamén en habilidades non cognitivas.
- Como o aprendín?
- Quen me axudou ou a quen axudei?
- Que recursos empreguei?
- Como me resulta máis fácil aprender?
- Que me produce maiores dificultades? Cales son? Como as superei?
- Cal foi o meu rendemento?
- Concentración
- Implicación
- Compromiso
- Responsabilidade
- Progreso
- Constancia
- Para que me vai a servir o que aprendín?
- Que cousas non volvería facer?
- De que estou orgulloso/a? Que foi o que fixen mellor?
- En que me axudou persoalmente o que aprendín?
- En que mellorei como persoa? A quen podo axudar?
- En que podo mellorar a nivel de organización da tarefa e de resultados?
- Novos obxectivos da aprendizaxe
- Hai algo que poida mellorarse? Vou a melloralo?
- Que me falta por aprender?
- Que aspectos querría ter aprendido?
jueves, 26 de marzo de 2020
DIARIO
Continuade coa escritura do voso diario de corentena. Os que o estedes facendo en word ou algún documento de texto, continuades no mesmo; os que esteades a facelo nalgún caderno, continuades tamén nel.
A finais desta semana (o domingo) pedirei que me pasedes o escrito no mesmo para valorar a vosa expresión escrita.
Adicádelle uns 10 ou 15 minutos a escribir como vos sentides e describide aquilo que vos preocupa ou queirades contar, ben para desafogarvos ou simplemente porque vos apetece.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

