Aquí vos deixo unha batería de recursos, para que escollades os que máis vos gusten e esteades entretidos durante todos estos días!!
Podedes compartilos en familia porque hai dende visitas virtuais a diferentes museos do mundo, xogos, manualidades, lecturas, películas, música, teatro de sombras...
Como estades levando estas vacacións de Semana Santa? Agardo que moi ben e aproveitando para descansar e desconectar moito!!
Aquí vos deixo unha ligazón, onde poderedes acceder a distintos tipos de manualidades. Con elas, poderedes divertirvos e entretervos pasando uns bos momentos xuntos coa vosa familia.
Botádelle un ollo e a facer as que máis vos gusten.
Aquí tendes outro recurso para relaxar corpo e mente, apto para todas as idades e gustos.
OS MANDALAS son de orixe INDIO e o seu nome significa CÍRCULO ou RODA. E hoxe en día so empregadas en moitos lugares como terapia, tanto para nenos/as como para maiores.
Déixovos un vídeo co orixe e significados dos Mandalas (cores e formas) e un PDF para descargar as que queirades e decoredes segundo o voso estado anímico ou creatividade.
GRAZAS PROFE IRIA POR PASARNOS ESTAS MANDALAS TAN CHULAS!!! 😍😍😍
Estudar, aprender e pasalo ben na casa pode ser divertido, acompañádesme?
Aquí tendes varios vídeos para relaxarvos en calquera momento que precisedes: ben á hora de estudar, de facer tarefas ou simplemente para ler ou xogar tranquil@s!