Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIA. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de marzo de 2020

SORRISOS CONTRA O CORONAVIRUS

 
Ola nen@s!! Hoxe gustaríame proporvos unha iniciativa que parte de Belén García Varela.
Sabemos que nestos momentos hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas xa que as visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Se queredes, xa que vós o facedes moi ben,  para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos con algunha mensaxe de ánimo e esperanza. 
Aqueles que queirades participar nesta iniciativa, despois de realizalas cartas ou os debuxos, debemos envialos a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com

O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes. ANIMÁDESVOS???

domingo, 22 de marzo de 2020

BAILES EN FAMILIA

Bos días a tod@s!!

Parece mentira, pero levamos xa unha semaniña nas nosas casas. Está sendo moi difícil e duro pero estámolo facendo moi ben e debemos seguir así, para que as cousas, melloren canto antes. 

Como é domingo e estamos todos en familia, deixo un dos bailes que se están facendo virais estos días nas redes, para que o practiquemos xuntos, botemos unhas risas, o pasemos ben e desfrutemos destos días de confinamento. Sei que, o estar tantas horas entre catro paredes, temos momentos de motivación e outros de baixón, por iso, con esta coreografía levantaremos un pouco o ánimo!


APROVEITEMOS DE FORMA DIVERTIDA ESTE TEMPO COMPARTIDO EN FAMILIA!
ARRIBA ESA COORDINACIÓN!!

(Deixade algún comentario para saber como vos foi  😉)