sábado, 28 de marzo de 2020

SORRISOS CONTRA O CORONAVIRUS

 
Ola nen@s!! Hoxe gustaríame proporvos unha iniciativa que parte de Belén García Varela.
Sabemos que nestos momentos hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas xa que as visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Se queredes, xa que vós o facedes moi ben,  para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos con algunha mensaxe de ánimo e esperanza. 
Aqueles que queirades participar nesta iniciativa, despois de realizalas cartas ou os debuxos, debemos envialos a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com

O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes. ANIMÁDESVOS???

No hay comentarios:

Publicar un comentario