sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN!

 DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Ola a tod@ss!! Que tal estades? Botásevos moito de menos pero, ante esta situación, debemos seguir o lema #quedanacasa e non perder a temperanza nin a compostura. O que si temos que intentar é seguir coas rutinas diarias para non perder hábitos.  MOITO ÁNIMO!!

Hoxe, 21 de marzo,  é o DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN, e gustaríame proporvos dúas tarefas: 

 1ª TAREFA: 

Seguindo a iniciativa de LORENA PITA FRAGA, "Calcetíns Desparellos" gustaríame que vos sumásedes á mesma e me enviárades ao correo electrónico mariabelen.garcia@edu.xunta.es as vosas fotos para subilas ao blogue. 


 Esta é a miña aportación 😜
PROFE BELÉN 


Aquí temos as primeiras aportacións!! Agardamos por máis!! ANIMÁDEVOS!!

RODRI PRIETO

                                                  
                                       IRENE TORRES



AINOA ESTÉVEZ


LAURA COSTA


 HUGO OTERO


ANTÍA VARELA


VERO CORES


ZAIRA VIDAL


AIDA DOMÍNGUEZ



2ª TAREFA: 

Nun documento de word, libreoffice ou procesador de textos de google (aqueles que non teñades podedes facelo nun caderno e logo quitarlle unha foto), facede unha pequena investigación sobre o Síndrome de Down que inclúa:
  • Que é?
  • Causas (moi breve - só nomealas ou describilas nunha liña cada unha)
  • Características principais das persoas con Síndrome de Down
  • Problemas de saúde que poden ter
Se queredes podedes engadir algunha imaxe. Unha vez que o teñades, gardádelo co nome: SÍNDROME DE DOWN - E O VOSO NOME, (Ex: Sindrome de Down - Belén García) e enviades o traballo a miña dirección de correo (descrita na Tarefa 1). 
Recordade deixar algún comentario para saber que me ledes e que estades facendo as tarefas!!

Unha aperta virtual!😊

LOITEMOS POR UNHA SOCIEDADE MÁIS TOLERANTE E INCLUSIVA!! 
ENTRE TODOS PODEMOS!!


1 comentario:

  1. Moitas grazas polas vosas aportacións a tod@s!! Oxalá a actitude de cara a tolerancia e a diversidade cambie. Os nosos pequenos xestos son os que nos fan mellores persoas.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar