Todos sabemos que a situación que está a atravesar o noso país xunto connosco e o resto do mundo é algo inusual, e é por iso que nestos momentos, nós, como docentes, debemos de botar man de novas ferramentas para comunicarnos e estar en contacto con vós en todo momento.
O que pretendemos é que o alumnado non perda o aprendido até o día de hoxe, e poder así facer tarefas que manteñan asentados esos contidos.
Como sabedes e seguindo as instruccións que nos dictou a Consellería, estas tarefas son de reforzo e non teñen caracter avaliable. De todos xeitos, sería bo que os nosos/as fillos/as as poidan levar a cabo senón son todas, a maior parte delas.
A través deste blogue, irei colgando cada día as tarefas que hai que facer. Tamén haberá vídeos e recursos, así como, certos enlaces de interese para favorecer a vosa aprendizaxe e motivación.
Podedes suscribirvos ao mesmo no apartado suscripción da marxe dereita, xa que así, cada vez que se publique unha nova entrada, chegaravos unha notificación ou aviso ao voso correo.
Sería tamén de agradecer pola miña parte, que cada vez que se faga unha entrada, deixedes algún tipo de comentario ou opinión sobre a mesma, para saber que a léchedes e se hai algún tipo de suxerencia ao respecto. Creo que entre todos, o bo traballo é moito máis sinxelo de levar e coas distintas aportacións moito máis completo e de utilidade.
Agardo que sexa do voso agrado e que grazas a esta nova plataforma todos nós, esteamos comunicados de xeito virtual, favorecendo así o uso das NNTT, aínda que sempre con precaución e control.
COMEZAMOS!!
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario