martes, 31 de marzo de 2020

MAPAS MENTAIS (MM)

Para entrenar o noso CEREBRO, contamos con este recurso que levamos dende o ano pasado traballando na aula, e que o principio nos custou tanto. 
Os MM deben ser os nosos gran aliados a hora de estudar, porque nos axudarán a: 


  • Ordenar e organizar información
  • Resumir
  • Concretar
  • Memorizar
        
          AS REGLAS CLAVE!!
  1. Tema central e liñas curvas
  2. Debuxos, signos e símbolos
  3. Palabras clave e NON frases longas
  4. Xerarquía de cores
  5. Ocupar todo o espazo dispoñible

------------------------------------------------------------------------------------

QUE SON OS MAPAS MENTAIS?







 TAREFA

Quero que elaboredes un MAPA MENTAL sobre o coronavirus, que nos servirá tamén para plasmar que é o que sabemos del e no caso de non saber algo, investigalo (así é como aprendemos, mostrando interese por algo).
Seguindo as REGRAS CLAVE nomeadas arriba, o noso MAPA MENTAL sobre o CORONAVIRUS debe conter como puntos os seguintes: 
  • Que é?
  • Cando apareceu e onde?
  • Quen o descubriu?
  • Por que se chama así?
  • Cantos tipos hai e cales son?
  • A quen lle afecta?
  • Transmisión (como se transmite?)
  • Prevención (como previlo?)
  • Tratamento
COMO SON MOITOS PUNTOS, PODEMOS EMPREGAR ALGUNHA CARTOLINA QUE TEÑAMOS POLA CASA OU ALGÚN FOLIO A3. 
SEGUIDE O PÉ DA LETRA AS REGRAS CLAVE E POÑEDE TODOS OS PUNTOS QUE NOMEO ARRIBA POR ORDE (SEMPRE COMEZANDO POLAS AGULLAS DO RELOXO). 
PARA FACELO MÁIS PERSOAL E VISTOSO, EMPREGADE DEBUXOS, IMAXES QUE POIDADES IMPRIMIR, CORES (ROTULADORES, BOLÍGRAFOS (EVITADE EN EXCESO OS BOLÍGRAFOS FOSFORITOS).

UNHA VEZ FEITOS ENVIADES AS IMAXES DOS MESMOS A MIÑA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICA.  
 
A VER QUE ARTISTAS SODES!!! PORQUE AGORA XA VOS SAEN XENIAL!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario