miércoles, 25 de marzo de 2020

TAREFAS


Bos días a tod@s!! Xa é mércores!! Case metade de semana. MOITO ÁNIMO!!!
Hoxe en Lingua Galega, faremos coma onte, temos que descargar os pdf correspondentes e os audios para complementar os mesmos. 
Para a TAREFA 1, escoitaremos o AUDIO 1 e para a TAREFA 2, escoitaremos o AUDIO 2. Son actividades sinxelas onde temos que completar co "h" e con "v/b". 
Non fai falla que os enviedes ao meu correo, á volta correxirémolos en clase. 
Basta con que me poñades nos comentarios un OK ou un FEITO PROFE!




AUDIO 1
AUDIO 2



Agora tócalle a quenda a poesía! Teremos que descargar o PDF que se mostra a continuación e analizar o poema que se mostra tal e como o estivemos traballando na aula, seguindo as normas que se indican a continuación: 
  • Indicar de cantas estrofas e versos está composto
  • Tipo de rima
  • Tipo de versos
  • Que tipo de estrofa é? Cal é o seu esquema?
  • Recursos estilísticos


Le o poema con calma e sen présa, entendendo o que quere dicir cada un dos seus versos e o significado global da estrofa. 
Se non entendedes algunha palabra, podedes buscar o seu significado no diccionario da RAG, está o enlace nas pestanas superiores do blogue. 
Unha vez entendido o poema comezaremos a analizar a métrica dos seus versos. Senón nos coinciden é cando aplicamos as técnicas (marcar sinalefas, sumar ou restar sílabas se é preciso).
IMOS ALÓ!!!


5 comentarios: