lunes, 30 de marzo de 2020

DIARIO



Seguimos co noso diario de CORENTENA, un diario de aprendizaxe no que temos que pararnos e meditar varias cuestións. 
É importante que sexas consciente de que é o que estás a aprender, e sobre todo, como o estás aprendendo. Esta é unha situación extraordinaria que nunca se dera, e polo tanto, nova para todos, na que o método de ensinanza tamén é diferente así como, a rutina que tiñamos a cotío. 
Este diario, o noso diario, é unha das boas ferramentas que temos para sabelo. 
Trátase de manter un diálogo contigo mesmo no que aprendes dos teus propios procesos mentais.
A partir dagora, en cada entrada que fagamos no noso diario dixital ou en papel, debemos de respostar cada día a algunha destas 5 cuestións que plantexo a continuación: 

  • Que aprendín? (Descrición breve)
    • Non é necesario que percorras todo o que fixeches, senon de todo o que aprendiches ao longo destos días, te centres no máis importante, o máis útil ou o máis difícil. 
    • Non só aprendes ou repasas contidos curriculares senón que tamén é importante que reflexiones sobre se adquiriches maior destreza tamén en habilidades non cognitivas.
  • Como o aprendín?
    • Quen me axudou ou a quen axudei?
    • Que recursos empreguei?
    • Como me resulta máis fácil aprender?
    • Que me produce maiores dificultades? Cales son? Como as superei?
  • Cal foi o meu rendemento? 
    • Concentración
    • Implicación
    • Compromiso
    • Responsabilidade
    • Progreso
    • Constancia
  • Para que me vai a servir o que aprendín?
    • Que cousas non volvería facer?
    • De que estou orgulloso/a?  Que foi o que fixen mellor?
    • En que me axudou persoalmente o que aprendín?
    • En que mellorei como persoa? A quen podo axudar?
    • En que podo mellorar a nivel de organización da tarefa e de resultados?
  • Novos obxectivos da aprendizaxe
    • Hai algo que poida mellorarse? Vou a melloralo?
    • Que me falta por aprender?
    • Que aspectos querría ter aprendido?

No hay comentarios:

Publicar un comentario