jueves, 21 de mayo de 2020

CIENCIAS NATURAIS

CHEGOU O MOMENTO DE DIVERTIRSE E EXPERIMENTAR.....
Tráiovos unha pequena presentación do que é a MATERIA, OS CAMBIOS DE ESTADO E TIPOS DE SUBSTANCIAS.

Recordade ver o vídeo incluído no seguinte PDF.

FACEMOS XEADO

Para traballar a materia, hoxe propóñovos facer xeados, pero non xeados cheos de azucre, non, xeados saudables que poderemos desfrutar este verán e cando nos apeteza. 
Unha vez que fagades algún deles, teredes que facer un pequeno resumo no caderno ou en documento de texto, coas sustancias puras que empregáchedes e se ao facer o xeado, empregáchedes algún tipo de mestura (homoxénea ou heteroxénea).
Recordade non olvidarvos de mostrarme por que cambios de estado pasou o voso xeado dende que o facedes ata que o comedes. 

IMOS A DESFRUTAR!!! :=) A VER QUE TAL SAEN ESAS RECEITAS, ENVIADE FOTIÑOS OU VÍDEOS!!! COLGARÉMOLOS AQUÍ NO BLOGUE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario