martes, 26 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Como ven sabedes, a semana pasada vimos un pequeno resumo do que foi a Guerra da Independencia no noso país a cal xerou unha das primeiras Constitucións Españolas, a famosa "La Pepa".

Hoxe déixovos unha presentación interactiva das diferentes Constitucións que houbo no noso país, ata chegar a que temos na actualidade.
Unha vez vista a presentación, respostaredes no caderno, ás preguntas ubicadas máis abaixo.
Recordade que copiamos enunciado en azul e resposta a lápis.



PREGUNTAS A RESPOSTAR NO CADERNO: 
  1. Explica coas túas palabras o que é unha Constitución. 
  2. Cantas constitucións houbo no noso país?
  3.  Por que foi tan importante para nós a I Constitución?
  4. Quen reinaba no ano 1837? Cantos anos durou a Constitución?
  5. Por que a Constitución de 1845 non supuxo un gran avance para os cidadáns?
  6. Quen reinaba coa Constitución de 1869? Di algúns dos principios que supuxo esa Constitución.  
  7. Dende canto ata cando estivo vixente a Constitución de 1931? Cal era unha das cousas as cales se renunciaba?
  8. Explica porque a nosa Constitución é tan importante para os cidadáns. Nomea algúns dos seus principios e valores máis importantes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario