martes, 12 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Bos días!!!! Que tal descansamos hoxe? Espero que xa almorzárades e veñades cheos de enerxía para afrontar as tarefas do día e manter o noso cerebro activo!! Para iso, non vos olvidedes de HIDRATARVOS MOITO!! senón o cerebro non pensa ben. Recordade que estamos formados por células e elas deben estar ben coidadas!!


 Antes de comezar quería recordarvos que este XOVES 14 tendes que entregar, se aínda non o fixéstedes, 2 traballos:

  • Ilustración do anaco de conto das Letras Galegas "As Pitas baixo a choiva". 
  • Máquina simple (vídeo ou documento de texto). 
NON VOS OLVIDEDES!!!

Para comezar hoxe, temos unha COMPRENSIÓN ORAL. Recordade os erros que cometéstedes na anterior de Cristina Pérez, para non cometelos nesta. Respostade de forma longa e poñede maiúsculas e acentos onde corresponda. Para iso, repasade unha vez rematades de escribir.
Se precisades escoitar máis de dúas veces o audio, tamén podedes facelo ou consultar algunha pregunta en concreto. IMOS ALÓ!!

AUDIO

https://drive.google.com/file/d/1A2yxj5UWYXY3-PuO_xdQo1By125YOHSe/view

FORMULARIO 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfbIF2wmx1DomM2h0OWszGUG0AsVQeyZlx0X4vrpKdL5axGkA/viewform

LETRAS GALEGAS 

Hoxe para traballar as letras galegas temos dous xogos: 
Agardamos que vos gusten moito!!!!

EXPRESIÓN ESCRITA

Hoxe traballaremos a expresión escrita a través dos refráns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario