jueves, 23 de abril de 2020

LINGUA GALEGA

BOS DÍAS E FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@SSSS!!!

Como vedes SNOOPY está desfrutando cun dos seus libros favoritos, xa que a lectura pode despertar en todos nós, moitas emocións, sentimentos e abrir un mundo de imaxinación incríble.
NUNCA DEIXEDES DE LER!!! 

Como 1ª tarefa de Lingua Galega, hoxe, traballaremos a EXPRESIÓN ESCRITA e para facelo, partiremos dun anaquiño do libro " O SOÑO DO MERLO BRANCO" , titulado:

 "OS HABITANTES DA CASA AZUL


INSTRUCCIÓNS: 
  1. Teredes que ler o anaco de texto que se vos presenta. 
  2. Unha vez lido e entendido, teredes que redactar vós o que se vos pide nas seguintes tarefas e seguindo as pautas que se vos mostran tamén nela.
  3. Unha vez creado a  historia, enviarédesma ao meu correo. 
  4. Recordade que estades en 6º. Non fagades só dúas oracións. Esforzádevos un pouco máis e relede o que escribides. Non fagades as cousas con présa. Paga a pena botar 10 minutos máis e facelo ben, que ter que voltar a repetilo. 
  5. Aínda que vos pide como mínimo 8 liñas, se son máis, MELLOR! DEMOSTRÁDEME QUE VALEDES!!

Como 2ª TAREFA, e sendo o día do libro, gustaríame que hoxe vos convertírades en pequenos REPORTEIROS/AS. Sei que sodes estupendos niso, xa que, xa o demostráchedes cando fixéchedela ÓPERA co profe Felipe.  
A idea e que entrevistedes o autor do voso LIBRO FAVORITO. Tendes que facerlle preguntas e neste caso teredes que ser vos quen as respostedes como se fósedes él/ela. No caso de que teñades algunha dúbida do que lle preguntades, tamén podedes buscar algo de información sobre o autor/a. 
Pensade en como entrevistamos a ELOY MORENO o ano pasado, que preguntas lle fixemos, poden ser persoais ou sobre o libro. 
Tendes que seguir a seguinte plantilla:




3ª TAREFA: CONTO EN FAMILIA 

Esta é unha tarefa para facer en familia. Deberedes inventar e crear entre todos un conto, onde cada un de vós fará un anaquiño do mesmo. Podedes debuxar, pegar imaxes o que se vos ocorra. Tamén empregar folios, cartolinas,  facelo a ordenador, en vídeo...o que teñades a man.
A imaxinación é LIBRE, así que, NON VOU POÑER LÍMITES.

SÓ QUERO QUE.... ME SORPRENDADES!!!

 Entre todos os membros da familia, quedará xenial e será unha actividade COMPARTIDA, que é o que máis nos gusta. 

AS VOSAS CREACIÓNS MANDARÉDELAS AO MEU CORREO ELECTRÓNICO DURANTE A FIN DE SEMANA (ÚLTIMO DÍA O DOMINGO).

No hay comentarios:

Publicar un comentario