Hoxe comezamos novo tema de CIENCIAS NATURAIS. O novo tema é
TECNOLOXÍA, OBXECTOS E MÁQUINAS. Como vos comentei na videoconferencia,
estes temas de ciencias imos a traballalos en base a presentacións
interactivas (tamén as poderedes imprimir) e ademáis dalgunha
actividade, tamén tarefas manipulativas.
Para a introducción deste tema fixen unha presentación interactiva coa información máis importante que queiro que saibades. Mirádea con calma entendendo todo o que se di.
Unha vez vista faredes as seguintes tarefas:
1º MAPA MENTAL: teredes que facer un MM introducindo todas as ideas principais do visto na presentación. Só quero o máis importante. Intentade meter imaxes vosas, empregar símbolos e signos e cores por ideas. Podedes empregar esta plantilla ou facelo coma sempre (folio ou caderno).
2º RESUMO VÍDEOS: na presentación puidéchedes ver, que segundo o número de pezas que conteñen as máquinas poden ser simples ou compostas, verdade? Nese apartado había 3 vídeos sobre o "SOÑO DE LEONARDO". Como tarefa, teredes que resumir coas vosas palabras na seguinte plantilla, cada un dos vídeos. Tendes que facelo, de xeito que cando o lea outra persoa, entenda que é o que estades explicando. É como se vos digo que me fagades a descrición dunha árbore (con esa descrición, téñome que imaxinar todo exactamente como mo estades contando).
No hay comentarios:
Publicar un comentario