Erguéstevos con enerxía? Espero que sí!! MOITO ÁNIMO!
Hoxe faremos unha comprensión escrita de Lingua Galega cuxo título é:
"GOBERNANTA EN TERRA, ALMIRANTA NO MAR". Teredes que lelo con calma e logo cubrir o formulario que lle corresponde ao mesmo, como fixemos onte coa de Lengua, dacordo?
Unha vez rematado de ler o texto e seguindo as directrices que vos dou sempre de:
- Facer unha lectura global e rápido do texto.
- Facer unha lectura máis lenta entendendo o que dí cada un dos seus parágrafos.
- Buscar as palabras que non entendedes no diccionario da RAG (barra lateral esquerda do blogue)
- Unha vez que entendedes a idea principal de cada un dos parágrafos, podedes xa, contestar as preguntas do formulario. No caso de que dubidedes en algunha, por favor, voltade a lectura e buscádea a mesma.
GOOGLE FORMS
- Poñer o correo electrónico no formulario.
- Ler as preguntas e respostas un par de veces ou as que precisemos antes de contestar.
- Se temos que escribir, poñede maiúscula ao principio e punto ao final. Relede o que escribides por se hai algunha falta de ortografía.
- Unha vez rematado darlle a enviar.
- Chegaranvos as respostas que puxéstedes ao voso correo xunto coas puntuación do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario