lunes, 20 de abril de 2020

ORGANIZACIÓN TRIMESTRAL

Benvid@s a tod@s a este 3º Trimestre!!! Xa tiña moitas ganas de que comezara e poder traballar de novo con todos vós!
Agardo que tivésedes unhas boas vacacións de Semana Santa e que veñades con moitas ganas de aprender e facer cousas nestes dous meses. 
Eu veño disposta a dar o mellor de min para que aprendades ao máximo e xuntos compartamos momentos únicos, aínda que sexa a distancia.
Neste trimestre, en primeiro lugar, seguiremos un novo HORARIO. Fixen dous formatos, pero descargade o que máis vos guste para pór no escritorio (tedes o das tarefas semanais en PDF, e o do blogue). 
Tamén comezaremos a dar algún contido novo, ao mesmo tempo que repasamos e reforzamos os anteriores, para levalos así, ben asentados ao INSTITUTO, que nos soen e nos familiaricemos un pouco con eles. 
Para comezar, déixovos un resumo da planificación para este trimestre igual cá que vos enviei onte por correo, para que lle  botedes un ollo, sempre que queirades. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario