viernes, 3 de abril de 2020

VENRES 3 DE ABRIL

XOGOS EN FAMILIA

Ola a tod@s!! Hoxe foi día de entrega de notas polo que non hai tarefas para vós. Por iso, simplemente dicirvos que desfrutedes, aínda que sexa nas casiñas, destas vacacións de Semana Santa en compaña da vosa familia e desconectedes das tarefas de clase. Adicade o tempo ao que vos gusta, a pasar tempo coa familia (que é moi valioso) e a compartir momentos xuntos. 

Déixovos unhas actividades que atopei na páxina da mestra @lapizdele que vos encantarán para facer xuntos. 

AVISO!!! 

DURANTE ESTOS DÍAS NON VOU COLGAR TAREFAS PERO PODEDES ESTAR ATENTOS AO BLOGUE PORQUE SI QUE IREI COLGANDO ALGÚN XOGO OU NOVA, OK?

 1ª ACTIVIDADE: 

FACEBOOKS

Canto coñecedes aos vosos pais/nais/irmáns/irmás/avós/avoas? Canto vos coñecen eles a vós?

Nesta actividade teredes que crear o perfil de FACEBOOK en papel, do membro da familia que escollades e el facer o voso. A través do mesmo, veredes e verán canto sabedes deles e eles de vós. 

Unha vez rematado, intercambiarédelos papeis para saber se acertáchedes moito do seu perfil ou pola contra, non vos coñecedes tanto como pensades. IMOS ALÓ!!!

 

BINGOS

Vou a deixar dúas mostras de bingos diferentes (un de tempos en pasado e outro de animais).

O procedemento é o seguinte:  

1. Imprimir os papeis (no caso de non poder, podedes facelo nun folio). 

2. Rechea a ficha respondendo ás preguntas sobre o animal ou os tempos en pasado. Senón estás seguro da resposta, podes buscala. 

3. BINGO! Recorta as respostas e engádeas nun frasco para sacalas de maneira aleatoria (podedes xogar de 3-4 os que queirades. Ahora ben, un ten que ser o que quite as respostas), léndoas en voz alta. Cada vez que escoites unha que teñas no teu bingo, ríscaa. Se eres o primeiro en riscar todas, berra: BINGO!!!!

4. Cando alguén cantara bingo, trata de adiviñar en que animal pensara mirando as respostas do seu bingo.

1 comentario:

  1. Hola profe soy Nicolás F. me puedes mandar el correo para poder mandarte las tareas es que lo perdí gracias

    ResponderEliminar