Hoxe empregaremos o libro e o caderno para facer as tarefas de Ciencias Sociais.
O primeiro que temos que facer é abrir o libro polo TEMA 4 - PÁX 76.
Teremos que lela páxina entendendo o que se expón. É prácticamente a mesma información que tivemos que buscar para facer o pequeno traballo que vos pedín sobre o TRATADO DE ROMA e A CREACIÓN DA UNIÓN EUROPEA.
Unha vez teñades lido e entendido o que explican, faredes un pequeno esquema no caderno con dita información. O ideal é que do esquema ou MM saian cada unha das datas que se mostran. En cada data poredes o feito que ocurriu na mesma. Así á hora de facer as tarefas teredes todo máis claro.
- Recordade poñer a data en vermello (zona superior dereita).
- Copiar os enunciados en bolígrafo azul.
- Respostas a lápiz.
- Poñer páxina e número de actividade (vermello) na marxe esquerda.
Estas actividades mandarédesmas ao meu correo (profebelencole@gmail.com)
Unha vez rematadas podedes acceder aos seguintes xogos interactivos sobre o tema que estamos tratando: A UNIÓN EUROPEA
No hay comentarios:
Publicar un comentario