sábado, 28 de marzo de 2020

CUBO DE RUBIK

Aquí temos outro recurso para xestionar o noso tempo, a nosa axilidade e destreza mental  e sobre todo pasalo ben. 
É certo que leva o seu tempo o principio pero... unha vez que lle collamos o truco permitiranos facer competicións na aula cos mesmos! Apuntádesvos??

Comezaremos cos cubos máis sinxelos (2x2 e 3x3) para ir logo aumentando o nivel.  
Recordade que para xogar co cubo de Rubik, precisamos sempre dun CRONO normal ou CUBERO!








SORRISOS CONTRA O CORONAVIRUS

 
Ola nen@s!! Hoxe gustaríame proporvos unha iniciativa que parte de Belén García Varela.
Sabemos que nestos momentos hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas xa que as visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Se queredes, xa que vós o facedes moi ben,  para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos con algunha mensaxe de ánimo e esperanza. 
Aqueles que queirades participar nesta iniciativa, despois de realizalas cartas ou os debuxos, debemos envialos a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com

O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes. ANIMÁDESVOS???

viernes, 27 de marzo de 2020

TAREFAS VENRES 27


Bos días!! Xa é venres e a nosa segunda semaniña na casa!! Sei que está a ser difícil pero sabedes que? ESTÁDELO FACENDO XENIAL!!! Así que, a agardar un pouquiño máis que en breve nos vemos!!!

Como tarefas de hoxe temos as seguintes: 
  • Ler apuntes do libro páxina 74 da Unión Europea
  • Facer actividades: 1-2-3 e 4 
  • As actividades faranse no caderno de Ciencias Sociais. Recordade poñer a data en vermello na marxe superior dereita e copiar os enunciados de cor azul. 

INVESTIGACIÓN

  • Actividade 4 da páxina 83

    • Investiga sobre o Tratado de Roma e a creación da Unión Europea e descubre cales foron os países fundadores que asinaron ese Tratado. 

      • Unha vez que teñas recabada a información, crea un documento de texto (word, libreoficce, documento de texto de google) co nome "TRATADO DE ROMA - VOSO NOME", e indica de forma ordenada a información que se che pide a continuación: 

                  - Que é o Tratado de Roma? (Fai unha explicación na que entendas o que é, non copies información sen entendela).

                  - Creación da Unión Europea

        * Día e Ano

        * Lugar

        *Fundadores

        *Capital

        * Que é a Unión Europea? 

        • Cando o teñas rematado enviámo ao meu correo electrónico: mariabelen.garcia@edu.xunta.es

          RECORDA!!! A INFORMACIÓN QUE BUSQUEMOS EN INTERNET, DEBEMOS DE VERIFICALA EN VARIAS PÁXINAS, PORQUE MOITAS VECES NON É FIABLE, POLO QUE TEMOS QUE CONTRASTALA. 

           

          Para buscar a información, tendes aquí dous vídeos que vos serán de moita axuda:  



           

           

OUTRAS TÉCNICAS DE ESTUDO

OUTRAS TÉCNICAS DE ESTUDO

Seguro que cando viches o segundo vídeo da Unión Europea, chamouche a atención a forma da presentación da información, verdade? A que o entendeches perfectamente?

Pois aquí vos deixo varios exemplos, para que os poñades en práctica á hora de estudar xa que vos serán de gran axuda. O Visual Thinking, como xa vimos na aula, é moito máis sinxelo para procesar polo noso cerebro xa que, as imaxes son moitísimo máis sinxelas e rápidas de procesar cas palabras. 

c





CAL VOS GUSTOU MÁIS?  INDICÁDEME NOS COMENTARIOS CAL E POR QUE.

jueves, 26 de marzo de 2020

AGASALLO DOS MESTRES/AS DO CONMENIÑO PARA TOD@S VÓS!!! :)

TODOS OS PROFES DO CONMENIÑO, QUEREMOS ENVIARVOS MOITO ÁNIMO NESTA  SITUACIÓN POLA QUE ESTAMOS PASANDO.
AQUÍ TENDES UN AGASALLIÑO DE TODOS NÓS!!! UNHA APERTA MOI FORTE!!!


ARTETERAPIA

Todos precisamos dun momento onde liberar a nosa mente, relaxarnos e desconectar do día a día. Botádelle unha ollada os seguinte vídeo: 





Seríades capaces de facer un? Probade e mandade fotiños ao correo para ver os artistas que sodes!!! 

SEGURÍSIMO QUE VOS SAEN FENOMENAL!!!





TAREFAS XOVES


Bos días a tod@s!!! 
Hoxe para Lengua faremos actividades de repaso do traballado neste último tema. 
Podedes descargar o PDF. Aqueles que poidades imprimir, facédelo na ficha e os que non, copiades as tarefas no caderno. 
Unha vez rematados, se podedes, pasádemos por correo electrónico. Senón é así, dádeme un OK ou FEITO en comentarios do blogue, e xa os correximos á volta.