miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS MÉRCORES 1 DE ABRIL

   
Bos días a tod@s!! Comezamos un novo mes e aínda que temos que pasar en principio 15 días máis nas casiñas, temos que intentar estar o máis animados e entretidos posible. Estando ben, lévase todo mellor!! ÁNIMOOO !!

 ATENCIÓN!!!

Comentarvos que na parte superior do NOSO BLOGUE, tedes activadas as pestanas coas ligazóns ás tarefas de matemáticas, música, relixión, REFORZ-T, inglés e PT (un espazo para todos), para así non ter que andar buscando as tarefas por distintas páxinas e acceder directamente ás mesmas, OK??
Na pestana de PT (UN ESPAZO PARA TODOS) tedes a vosa disposición xogos de matemáticas e das linguas, así como RETOS para facer. BOTÁDELLE UNHA OLLADA PORQUE ESTÁN XENIAL!! 

LINGUA GALEGA

Hoxe faremos unha lectura dos BALCÓNS DE MADRID  a través dun GOOGLE FORMS. Xa sabedes como funcionan. 

Neste caso tedes que clicar na imaxe e xa vos leva ao ligazón da mesma. 
Alí teredes que ler as instrucións que vos expoño e contestar con detemento as preguntas propostas.
Parádevos a ler e a reler para que as respostas vaian ben, ademáis de fixarse á hora de escribir para non cometer erros de maiúsculas, acentuación e puntuación. 
Unha vez que o teñades rematado, dádeslle a enviar e xa chega ao meu correo electrónico. Eu corrixireinos e enviareivos a puntuación a través do voso correo. 

https://forms.gle/A5FEjHKBuMX2vkpF6

CIENCIAS SOCIAIS

  
Como repaso a información que traballamos na aula sobre as Pirámides de Poboación teremos que completar a seguinte ficha cos distintos tipos de pirámides que se mostran.  


DIARIO

Adicamos 10 minutiños do noso tempo a desafogarnos co  noso diario de CORENTENA. 
Recorda seguir as pautas dadas o luns.

REFORZA -T

Podedes acceder as tarefas de repaso do REFORZA-T, clicando na pestana superior do blogue.
Tedes unha comprensión lectora e actividades de repaso de matemáticas.

LECTURA

Seguimos coa lectura dixital de onte: 20 minutiños para avanzar en velocidade lectora. 
Se te ves moi canso, deixa este espazo de tempo para a tarde ou a noitiña e así desconectar. 

"A ESTIRPE DO DRAGÓN"

martes, 31 de marzo de 2020

MAPAS MENTAIS (MM)

Para entrenar o noso CEREBRO, contamos con este recurso que levamos dende o ano pasado traballando na aula, e que o principio nos custou tanto. 
Os MM deben ser os nosos gran aliados a hora de estudar, porque nos axudarán a: 


  • Ordenar e organizar información
  • Resumir
  • Concretar
  • Memorizar
        
          AS REGLAS CLAVE!!
  1. Tema central e liñas curvas
  2. Debuxos, signos e símbolos
  3. Palabras clave e NON frases longas
  4. Xerarquía de cores
  5. Ocupar todo o espazo dispoñible

------------------------------------------------------------------------------------

QUE SON OS MAPAS MENTAIS?







 TAREFA

Quero que elaboredes un MAPA MENTAL sobre o coronavirus, que nos servirá tamén para plasmar que é o que sabemos del e no caso de non saber algo, investigalo (así é como aprendemos, mostrando interese por algo).
Seguindo as REGRAS CLAVE nomeadas arriba, o noso MAPA MENTAL sobre o CORONAVIRUS debe conter como puntos os seguintes: 
  • Que é?
  • Cando apareceu e onde?
  • Quen o descubriu?
  • Por que se chama así?
  • Cantos tipos hai e cales son?
  • A quen lle afecta?
  • Transmisión (como se transmite?)
  • Prevención (como previlo?)
  • Tratamento
COMO SON MOITOS PUNTOS, PODEMOS EMPREGAR ALGUNHA CARTOLINA QUE TEÑAMOS POLA CASA OU ALGÚN FOLIO A3. 
SEGUIDE O PÉ DA LETRA AS REGRAS CLAVE E POÑEDE TODOS OS PUNTOS QUE NOMEO ARRIBA POR ORDE (SEMPRE COMEZANDO POLAS AGULLAS DO RELOXO). 
PARA FACELO MÁIS PERSOAL E VISTOSO, EMPREGADE DEBUXOS, IMAXES QUE POIDADES IMPRIMIR, CORES (ROTULADORES, BOLÍGRAFOS (EVITADE EN EXCESO OS BOLÍGRAFOS FOSFORITOS).

UNHA VEZ FEITOS ENVIADES AS IMAXES DOS MESMOS A MIÑA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICA.  
 
A VER QUE ARTISTAS SODES!!! PORQUE AGORA XA VOS SAEN XENIAL!!!





TAREFAS MARTES 31 DE MARZO


TAREFA 1

Aquí vos deixo unha actividade moi divertida, na que, ademáis de debuxar practicaredes a comprensión lectora, xa que teredes que seguir ao pé da letra todo o que vos di a mesma para levar a cabo o debuxo en cuestión. Estades dispostos a aceptar o reto??
Quero que despois todos os vosos debuxos sexan enviados ao meu correo para facer unha montaxe con cada un deles: mariabelen.garcia@edu.xunta.es.

QUE NOS DI O TEXTO? 

CLICA NA IMAXE PARA DESCARGALO


https://drive.google.com/open?id=1F8V09LztGkVTZggSPN8PNTV680cRSs2B


 OLLO!!!

Sei que todos somos diferentese en canto a dotes artísticas, pero o que máis vou valorar é que o debuxo represente a perfección o que está dicindo o texto.  

ADIANTE MEUS/MIÑAS ARTISTAS!!!