A semana pasada vimos o que era unha substancia pura e os tipos de mesturas
que hai (homoxéneas e heteroxéneas).
Hoxe traballaremos con elas facendo diferentes experimentos (non tendes por que facelos todos hoxe, senón segundo poidades, e se podedes facer só un, tampouco pasa nada.
Cada un dos experimentos, unha vez que os fagades, rexistrarédelo no informe que adxunto a continuación, seguindo todos os pasos que aparecen establecidos.
Primeiro, veredes uns vídeos das mesturas heteroxéneas e homoxéneas e logo os vídeos dos experimentos.
Unha vez feitos, enviaredes as fotos e o informe co que fixéstedes.
Cando descarguedes o informe, o primeiro que tendes que facer é gardalo co voso nome para despois
compartilo conmigo.
INFORME
Tendes que acceder ao informe a través da ligazón que se atopa a continuación. Unha vez que esteades dentro, tendes que ir a archivo (arriba a esquerda) e podedes facer dúas cousas:
1) Hacer una copia: aquí teredes que gardar o documento da copia co voso nome e na vosa carpeta.
2) Descargar documento en word ou odt (o que teñades) e tamén o gardades co voso nome.
Tendes que facer unha desas dúas cousas para poder traballar sobre o mesmo e logo reenviarmo ou compartilo conmigo. Se tendes dúbidas, facédemas chegar.